Autoren-Bilder

Berta Dávila

Autor von Carrusel: 401 (Literaria)

16 Werke 43 Mitglieder 5 Rezensionen

Werke von Berta Dávila

Getagged

Wissenswertes

Geschlecht
female

Mitglieder

Rezensionen

Dúas parellas de irmás menos separadas entre si do que a realidade, descoñecida para elas, demostra. Outra parella de peixes, e un ganso, ademáis doutros personaxes sós, ou a veces acompañados e algo de loito, dor, enfermidade e catástrofe. E un eclipse solar que está por chegar. Personaxes que non se enfrentan ás súas vidas cotiás. As diferencias entre a memoria, a imaxinación, a realidade e a ficción. Encántame o momento no que unha secundaria pregúntalle á protagonista, despois de que esta lle conte unha historia persoal: "Iso é algo que recorda ou algo que inventou?"
É un traballo diferente do que Dávila nos ten acostumados, no que substitúe a súa introspección pola das súas protagonistas.
Creo que Berta Dávila é unha das mellores escritoras galegas e tamén entre as españolas, á que todavía lle falta moito por recorrer.
… (mehr)
 
Gekennzeichnet
Orellana_Souto | Mar 28, 2024 |
Unha novela moi cortiña pero ben densa en moitos dos seus plantexamentos. Fálanos a autora da importancia de expresar con algún tipo de signo a nada que ocupa un determinado espazo, e que quizais por isto temos tamén que ser capaces de interpretar o baleiro que as veces mora en nós e recoñecer ese número cero polo que os imperios desmóntanse ata desaparecer.
Gústame ese vínculo entre a intuición matemática é a palabra escrita porque é verdade que ambos poden desaparecer tras ficar un instante en nós, como descrición do bloqueo da protagonista, que intenta remedialo escribindo sen parar na busca da literatura nun carrusel no que non se permite baixar, como se nesa inercia puidera poñer orde na súa vida, darlle seguridade.
A protagonista, unha escritora en pleno bloqueo cunha doenza mental e enfrontándose a unha serie de adversidades, non fai que o libro sexa doado de ler pero consegue lixeireza na beleza do texto. Nótase que tamén é o libro dunha poeta.
… (mehr)
 
Gekennzeichnet
Orellana_Souto | Jul 27, 2021 |
Novela breve na que se condensan varios niveis de realidade e ficción que se van intercalando de xeito desigual. Unha novela rematada que deixa ocos entre os que a autora vai revisando e aumentando todo aquelo que deixou de dicir no primeiro texto. Os imprevistos que lle permiten seguir creando, á vez que constrúe un lugar nunha illa, Illa Decepción, recreada a partir dun videoxogo, relato que vai intercalando cos que describen algunhas casas nas que sitúa diferentes momentos da súa vida e as de outras persoas, e as relacións entre todas elas. Casas e xente.
Cada palabra parece escollida cun coidado infinito e ainda ese coidado non afecta ao fluir do texto. A destacar tamén os detalles que o engalanan, nunca triviais.
… (mehr)
 
Gekennzeichnet
Orellana_Souto | Jul 27, 2021 |
La viveza y la originalidad argumental. El desarrollo de la trama, la fuerza de un personaje como lo es Emma Olsen y Clarissa, a los que la autora ha dado vida real que no se puede pasar por alto. Parece, y el lector así lo percibe, que está leyendo unas páginas autobiográficas y desgarradoras. Este recurso es tan complejo como maravilloso, una técnica que explota la imaginación, rompiendo la literatura conocida y abriendo una vertiente nueva.

Crítica completa en: rel="nofollow" target="_top">https://alibreria.wordpress.com/2016/07/01/o-derradeiro-libro-de-emma-olsen-de-b...… (mehr)
 
Gekennzeichnet
MiriamBeizana | 1 weitere Rezension | Dec 3, 2018 |

Statistikseite

Werke
16
Mitglieder
43
Beliebtheit
#352,016
Bewertung
4.2
Rezensionen
5
ISBNs
16
Sprachen
3